Convocatoria: Una plaza de Orientador/a laboral y otra de Técnica/o de Cultura – Concello de Porto do Son (A Coruña) (Plazo: 27 de mayo de 2024)

Una plaza de Orientador/a laboral y otra de Técnica/o de Cultura – Concello de Porto do Son (A Coruña)

Organismo: Concello de Porto do Son (A Coruña)

Requisitos

Orientador/a laboral: 

  1. a) Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de instancias) do título de Grado ou Licenciado Universitario .No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite a homologación. 
  2. b) Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do título CELGA 4 ou equivalente segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. 

Técnico de Cultura: 

  1. a) Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de instancias) do título de Grado ou Diplomado Universitario. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite a homologación. 
  2. b) Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do título CELGA 4 ou equivalente segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Solicitudes: 

As solicitudes, requirindo tomar parte nos correspondentes procesos selectivos, nas que as persoas aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. AlcaldePresidente do Concello de Porto do Son, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Xunto coa instancia debidamente asinada (anexo I), solicitando participar no proceso selectivo deberá presentarse a seguinte documentación na orde que se indica: a) Documento nacional de identidade, pasaporte, tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios ou documento válido en dereito que a acredite. b) Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega correspondente a cada praza á que se aspire. c) Titulación exixida para cada praza nas bases específicas. No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas. d) Relación de méritos alegados para a súa valoración. Deberán achegarse debidamente numerados e diferenciados por apartados (experiencia profesional, titulacións académicas, cursos de formación ou perfeccionamento, outros méritos). Non serán valorados os méritos non documentados nin xustificados no prazo e forma anteriormente mencionados, sen prexuízo de que o órgano de selección poida solicitar a ampliación da documentación se considera que un mérito non se encontra correctamente acreditado. No devandito concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias. e) Xustificante ou copia do documento acreditativo da transferencia ou ingreso na conta bancaria do Concello de Porto do Son da taxa por dereitos de exame. As copias que se acheguen non será necesario que sexan compulsadas, bastará a declaración responsable da persoa interesada sobre a autenticidade dos documentos así como dos datos que figuran na instancia, sen prexuízo de que o Tribunal ou órgano competente do Concello poidan requirir que os aspirantes acrediten a veracidade das circunstancias ou documentos aportados, que fosen obxecto de valoración. Coa presentación de instancias entenderase que as persoas aspirantes aceptan e acatan as bases xerais e específicas das convocatorias. Os datos persoais incluídos na solicitude de participación serán tratados unicamente para a xestión do proceso selectivo, é dicir para a práctica das probas de selección e as comunicacións que deban realizarse. Cando sexa necesario publicar un acto administrativo que conteña datos persoais publicarase da forma que determina a disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. O Concello será o responsable do tratamento destes datos.

Plazo de presentación: Hasta 27/05/2024 (Susceptible a error de cálculo, comprobar siempre)

Bases

Bases

Convocatoria

Si te presentas a esta convocatoria y consigues este empleo infórmanos para llevar un control de la utilidad de este servicio: ¡GRACIAS!

0 Comentarios

No hay comentarios aún

Puedes ser el primero para comentar esta entrada

Deja un comentario