Convocatoria: Técnica/o de Gestión – Concello Pontedeume (Coruña) (Plazo: 18 de octubre de 2024)

Técnico/a de Gestión – Concello Pontedeume (Coruña)

Organismo: Concello Pontedeume (Coruña)

Requisitos

Estar en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes a titulación de Diplomado universitario ou título de Enxeñeiro Técnico, Arquitecto técnico ou Grado, segundo o previsto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A2 da administración xeral ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á vacante convocada. As titulacións non expedidas en España deberán estar debidamente validadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional do Estado español ou, de ser o caso, aqueloutro que teña atribuída a competencia. 

Estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: CELGA 4, certificado do nivel de perfeccionamento ou equivalente. Este requisito será, de ser o caso, substituído pola proba de avaliación que se reflicte na base Oitava.1.4.

Solicitudes: 

A solicitudes, ás que se achegará a documentación que se indica nesta base e nas que se declarará o cumprimento das condicións de participación esixidas, serán dirixidas ao concello e presentaranse preferentemente na sede electrónica do Concello de Pontedeume (https://https://sede.pontedeume.gal) durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), atendendo ao modelo que se adxunta ás presentes bases como Anexo II. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. 

As persoas coa condición legal de discapacidade deberán facelo constar na solicitude, indicado se precisan adaptacións para realizar as probas. 

As persoas aspirantes que teñan a condición legal de discapacitadas, con grao igual ou superior ao 33 por 100, terán que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto coa acreditación de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes (capacidade funcional). 

Plazo de presentación: Hasta 18/10/2024 (Susceptible a error de cálculo, comprobar siempre)

Bases

Convocatoria

Bases

Si te presentas a esta convocatoria y consigues este empleo infórmanos para llevar un control de la utilidad de este servicio: ¡GRACIAS!


0 Comentarios

No hay comentarios aún

Puedes ser el primero para comentar esta entrada

Deja un comentario