Agente de Desarrollo Local – Concello de Pontecesures (Pontevedra)

Organismo: Concello de Pontecesures (Pontevedra)
Requisitos:
Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o título universitario oficial de licenciatura, grao ou diplomatura ou equivalente, verificados polo Consello de Universidades a través do cauce procedimental previsto no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo e o Real Decreto 43/2015, de 2 de febreiro. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación.
Solicitudes:
As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral, na sede electrónica ou na páxina web do Concello de Pontecesures (www.pontecesures.org) e será dirixida á Alcaldía, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos da persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono/s de contacto, correo electrónico e praza para que opta. O feito de presentar a solicitude de participación implica que a persoa interesada manifesta reunir todas e cada unha das condicións e requisitos esixidos na convocatoria, na data na que remate o prazo de presentación de instancias e que acepta e acata as bases desta convocatoria para tomar parte no proceso selectivo.
A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral ou na sede electrónica do Concello de Pontecesures (https://pontecesures.sedelectronica.org) ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos entregaranse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo persoal de Correos antes de seren certificadas. No caso de non presentar a instancia no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Pontecesures, a persoa aspirante deberá dirixir ao enderezo electrónico: concello@pontecesures.org, e con anterioridade ao remate do prazo, unha copia da instancia na que conste o rexistro de entrada e a documentación que achegue, para os efectos de que poida ser incluída na relación de persoas admitidas. No caso de que se presente a instancia a través da sede electrónica, por razóns de eficiencia, axilidade e seguridade na tramitación do procedemento, a documentación adxunta á solicitude deberá subirse nun único documento ou de ser tecnicamente inviable, debe realizarse no menor número de follas posibles ou nun arquivo comprimido. Todos os documentos deberán ter un título que facilite a súa identificación.
Plazo de presentación: Hasta el 09/09/2024 (Susceptible a error de cálculo, comprobar siempre)
Bases:
Si te presentas a esta convocatoria y consigues este empleo infórmanos para llevar un control de la utilidad de este servicio: ¡GRACIAS!
0 Comentarios
No hay comentarios aún
Puedes ser el primero para comentar esta entrada