Convocatoria: Técnicas/os de Administración General – Concello Culleredo (Coruña) (Plazo: 7 de agosto de 2024)

Técnicas/os de Administración General – Concello Culleredo (Coruña)

Organismo: Concello Culleredo (Coruña)

Requisitos

  • Estar en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes a titulación de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao, segundo o previsto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1 da administración xeral ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á vacante convocada. As titulacións non expedidas en España deberán estar debidamente validadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional do Estado español ou, de ser o caso, aqueloutro que teña atribuída a competencia. 
  • Estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: CELGA 4, certificado do nivel de perfeccionamento ou equivalente. Este requisito será, de ser o caso, substituído pola proba de avaliación que se reflicte na base Oitava.1.4

Solicitudes: 

A solicitudes, ás que se achegará a documentación que se indica nesta base e nas que se declarará o cumprimento das condicións de participación esixidas, serán dirixidas ao Concello de Culleredo e presentaranse preferentemente na sede electrónica do Concello de Culleredo (https://sedeelectronica.culleredo.es/opensiac/action/main?method=enter) durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), atendendo ao modelo que se adxunta ás presentes bases como Anexo I. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. 2. As persoas coa condición legal de discapacidade deberán facelo constar na solicitude, indicado se precisan adaptacións para realizar as probas. 3. As persoas aspirantes que teñan a condición legal de discapacitadas, con grao igual ou superior ao 33 por 100, terán que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto coa acreditación de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes (capacidade funcional). 4. Ás solicitudes de participación deberá xuntárselles a seguinte documentación: a) Copia do DNI, pasaporte ou documento identificativo equivalente acreditativo da identidade e nacionalidade da persoa aspirante. b) Copia do título académico esixido. c) De ser o caso, copia do documento acreditativo de estar en posesión, ou en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, do nivel de coñecemento de lingua galega (CELGA 4 ou equivalente). d) Xustificación abono taxas por dereito de exame conforme á ordenanza fiscal vixente na data de publicación do anuncio da presente convocatoria no BOE, que poderá consultarse na páxina web municipal. A ausencia do pago das taxas por dereitos de exame por parte do/a aspirante dentro do prazo de presentación de instancias, poderá ser obxecto de subsanación, sen implicar a exclusión do proceso selectivo. O documento de autoliquidación da taxa obterase na web do Concello de Culleredo https://www.culleredo.es no apartado pago de liquidación e taxas. Seleccionar “autoliquidar” e pagar taxas, e unha vez cubertos os datos identificativos picar no apartado “expedición de documentos e actos administrativos”. Completar a información relativa á convocatoria na que se participa, seleccionar “dereitos de examen” e no despregable de tarifa escoller a que se axuste á praza da convocatoria. O importe ingresarase nos caixeiros e oficinas das seguintes entidades colaboradoras: ABANCA, BBVA, CAIXABANK, ou por internet seguindo os pasos indicados para a obtención do documento de autoliquidación. De acordo coa mencionada ordenanza fiscal, a non presentación ás probas selectivas non dará lugar á devolución da taxa. Sí dará lugar á devolución da taxa a exclusión do aspirante ao proceso selectivo. e) As persoas aspirantes que teñan a condición legal de discapacitadas, con grao igual ou superior ao 33 por 100, terán que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto coa acreditación de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes (capacidade funcional).

Comentarios: 4 Plazas

Plazo de presentación: Hasta el 07/08/2024 (Susceptible a error de cálculo, comprobar siempre)

Bases

Convocatoria

Bases

Si te presentas a esta convocatoria y consigues este empleo infórmanos para llevar un control de la utilidad de este servicio: ¡GRACIAS!

0 Comentarios

No hay comentarios aún

Puedes ser el primero para comentar esta entrada

Deja un comentario